UNIDADE FUNCIONAL DOS SERES VIVOS
A NUTRICIÓN CELULAR.
É o conxunto de procesos mediante oscales as células adquiren e transforman materia e enerxía do exterior. Esta función comprende o intercambio de substancias a través da membrana, as transformacións químicas das moléculas e a excreción dos productos de refugallo producidos pola célula.
A nutrición permite separar ou construír novas estructuras e obter a enerxía necesaria para realizar todas as actividades da célula.
O INTERCAMBIO DAS SUBSTANCIAS NA CÉLULA.
Sen deformación da membrana.
Así entran na célula o osíxeno, a auga e outros nutrientes, e excrétase refugallo, coma o dióxido de carbono e productor nitroxenados que proceden da degradación das proteínas.
Os gases e as moléculas pequenas atravesan a membrana por difusión simple, que é o mevemento de partículas dende unha zona onde están máis concentradas a outra na que a súa concentración é menor.
A difusión facilitada, prodúcese cando as moléculas se unen a proteínas da membrana, que actúan como transportadoras.
A difusión simple e a facilitada coñécense como transporte pasivo e realízanse sen gasto de enerxía.
A célula tamén necesita adquirir ou expulsar ións ou moléculas, dende unha rexión de menos concentración a outra de maior concentración. Este transporte chámase transporte activo e require gasto de enerxía.
Con deformación da membrana.
Este tipo de transporte só se produce nalgunhas células heterótrofas e require gasto de enerxía. O transporte de materiais que non poden atravesar a membrana realízase por: Endocitose: A membrana engloba a partícula nunha vesícula ou vacúolo ao seu arredor, que pasa ao interior da célula. Existen dous tipos :
-Fagocitose: inxestión de partículas sólidas.
-Pinocitose: Inxestión de líquidos. Exocitose: As substancias englobadas en vesículas e vértense fóra da célula. Así expúlsanse as substancias non dixeridas e os productos de secreción da célula.