Ter unha boa saúde mental
Os cambios ocorridos nestes dous últimos séculos producen serios problemas de adaptación nas poboacións humanas:
·A vida nas grandes cidades ten graves inconvenientes: o tráfico, o ruído, a falta de espazos verdes, as grandes distancias.
·Por causa da publicidade, as persoas podemos obsesionarnos en adelgazar, parecer sempre novos e guapos, divertirnos, viaxar, ter exito na vida laboral e sentimental etc.
·O ritmo de vida, a competitividade no traballo e os horarios laborais impoñen o hábito de consumir comida rápida, de pouca calidade e non equilibrada.
A prevención de todos estes transtornos pasa pola adquisición duns hábitos saudables:
·Seguir unha alimentación equilibrada.
·Prescindir de vehículos de motor e procurar pasear con frecuencia.
·Gozar do tampo libre, tentar romper a rutina diaria e encontrarse de vez en cando ca natureza.
·Ter sentido crítico e non deixarse levar polas suxestións que vemos e oímos.