SISTEMA LINFÁTICO
O sistema linfático está formado polos ganglios linfáticos, os vasos linfáticos e un líquido que circula polos xa nomeados vasos, chamado linfa.
O sistema linfático está considerado como a parte do aparato circulatorio porque está formado polos vasos linfáticos, uns conductos cilíndricos semellantes aos vasos sanguíneos, que transportan un líquido chamado linfa, que proven da sangue, ten unha composición moi parecida a de esta e regresa a ela. O conducto torácico, que é o maior vaso linfático do organismo, recolle a linfa procedente dos vasos de todo o corpo, excepto a zona superior dereita, e vértea na vea subclavia esquerda. · O vaso linfático dereito recibe a linfa que procede dos vasos da zona superior dereita do corpo e vértea na vea subclavia dereita. O sistema linfático elimina a infección e mantén o equilibrio dos líquidos do corpo. Se non funciona adecuadamente, o líquido acumulase nos tejidos e causa unha hinchazón chamada linfedema. Outros problemas do sistema linfático poden incluir infecciones, bloqueos e cancro. |