ROCHAS SEDIMENTARIAS
ROCHAS SEDIMENTARIAS.
Son rochas esóxenas, constituídas pola acumulación e compactación de pequenos fragmentos procedentes da alteración doutras rochas da codia terrestre.
A diaxénese é o proceso de transformación dos sedimentos nunha rocha sedimentaria, comprende dúas etapas:
-Compactación: os sedimentos acumulados deposítanse en capas que sometidas a unha presión crecente perden a auga e o aire que os redeaban reducindo substancialmente o seu volume inicial.
-Cementación: a desaparición da auga que envolvía os sedimentos provoca a precipitación dos sales disoltos que actuarán como cemento de unión entre os fragmentos minerais.
CLASIFICACIÓN DAS ROCHAS SEDIMENTARIAS.
Clasifícanse en detríticas e non detríticas.
·Detríticas: están formadas pola cementación de fragmentos (grans ou clastos) procedentes da meteorización e a erosión sufrida por calquera tipo de rocha superficial.
·Non detríticas: obtéñense mediante reaccións químicas de precipitacións ou evaporación nas que poden ou non intervir seres vivos.Poden ser carbonatadas, evaporíticas e organóxenas.
-Carbonatadas:As mais representativas son as calcarias, compostas polo mineral calcita e as solomías formadas polo mineral dolomita. Segundo a orixe do carbonato divídense en:
·Calcarias de precipitación química: o carbonato cálcico fórmase pola precipitación do bicarbonato cálcico disolto en auga. Pertencen as estalactitas, estalagmitas, o travertino e as tobas calcarias.
·Calcarias de orixe orgánica: tamñen chamadas organóxenas, fórmanse pola acumulación, compactación e cementación dos seres vivos sobre todo das súas cunchas e esqueletos.
-Evaporíticas: Tamen chamadas rochas salinas. Os sales que as forman orixináronse pola precipìtaciónproducida ao se evaporar a auga na que estaban disoltos. Sal común, silvina e xeso son exemplos.
-Organóxenas:Fórmanse pola acumulación de restos de seres vivos en ambientes pobres en osíxeno onde son descompostos por bacterias. Destacan o carbón e o petróleo.