PROBLEMAS MEDIOAMBIENTAIS
INCREMENTO DO EFECTO DE INVERNADOIRO
A atmosfera da Terra contén varios gases que absorben parte da calor reflectida pola superficie, o cal mantén a temperatura media do planeta arredor dos 15ºC. Este fenómeno natural coñecese como efecto invernadoiro. Os gases que o producen son o CO2 e o NO2. O consumo de combustibles envía ao aire millóns de toneladas de CO2. O aumento deste gas na atmosfera provoca entón unha maior retención de calor, e dicir, un incremento do efecto invernadoiro natural. Hai graves consecuencias como que os xeos polares e dos glaciares están reducindo a súa extensión e que o nivel do mar estase elevando, que inundará boa parte das costas. A maioría dos países industrializados firmaron en 1997 o acordo de Kyoto, que limita a cantidade de CO2 que cada país pode emitir.
A CHUVIA ACEDA
Ao queimar combustibles fósiles tamén producen óxidos de xofre e de nitróxeno. Cando estes gases reaccionan coa humidade do aire transfórmanse nos ácidos sulfúrico e nítrico, que son arrastrados polas precipitacións e dan lugar a chuvia aceda. Algunhas conseguencias son que os bosques desaparecen pola morte progresiva das súas árbores, os solos vólvense improdutivos e moitos lagos aumentan a acidez das súas augas ata provocar a morte de toda a súa flora e fauna. Os países europeos máis afectados son: Finlandia, Alemaña e Noruega.
A DEPLECIÓN DA CAPA DE OZONO
Na estratosfera atópase a capa de ozono, unha zona que na súa composición contén unha gran cantidade deste elemento, que absorbe parte da raciación ultravioleta do Sol e impide que chegue a superficie, onde sería letal. Comprobouse que a cantidade de ozono diminúe en varios lugares, e descubriuse que a causa está nuns gases, os CFC que se comezaron a fabricar na primeira metade do XX. O 95% dos CFC foron substituídos por outros compostos que non danan a capa de ozon.